Nanéboa

comezos

Comezos

12 Jul 24

Levo séculos querendo saudar por aquí. Pódese dicir que neste rinconciño xa está todo listo. Espero que este sexa o derradeiro intento de ter un espazo propio na rede. Pelexei bastante con Bludit e, aínda así, teño que subir as imaxes a un hosting externo se quero evitar usar FTP.

Hoxe cheguei á casa do meu primeiro campamento como monitora titulada. Diversidade. E pecheino sendo a monidéi (coordinadora do día). Chorei nas despedidas, como non podía ser doutra forma. Penso que voltei un pouquiño máis humana e un chisco menos capacitista. Coñecín xente xenial, e tamén déronme ganas de prender lume á residencia.

Mañá teño un cumpreanos. Teño que levar a Aurora ó vete a por antibiótico, así que chegarei tarde. Contaba con estar na miña casa pola mañá para poder facer os detalliños pero non puden chegar ata as sete da tarde. Meltdown. Todo mal. Estoy cansada, jefe.

Lévome recordos marabillosos, pero aínda estou demasiado esgotada pra poder desfrutalos. A ver se a próxima semana xa me funciona a neurona e podo sorrir vendo o vídeo de despedida, en vez de mirar a pantalla con indiferencia. Probablemente, ese día tamén actualizarei esta entrada pra contarvos cousiñas máis concretas do campa.