Nanéboa

eu

Eu

12 Jun 24

Non son eu a máis fan das cidades, o ruido, ou o café. Son máis de terra mollada, follas vellas e ceos grises, máis a chuvia caendo entre as árbores. De ver series de madrugada e quedar durmida cun gato no peito e outro enriba das pernas. Nacín en Lugo e ós 17 cheguei a Vigo. Fai dous anos e pico que ando na costa mariñense. O ano pasado, no 2023, chegou o meu trixésimo outono.

Entrenadora Pokémon dende os 7 anos, Ravenpuff dende os 13 e idhunita dos 15 en adiante. A animación é o meu cine, e as palomitas son o meu snack favorito. Boto de menos os libros e aí ando, tentando recupera-lo hábito. Friki d'as cousiñas de botóns, como dicían na casa. ¿Otaku? Pode ser, pero a preguiza vai antes e teño todo a medio ver.

Teño dous catro gatos e, ás veces, tamén me apropio da cadeliña de meus pais. Estudei moitas cousas: audiovisuais, administración, medio Belas Artes, e agora estou con deseño gráfico. O que sei de artesanía e de picar código é todo autodidacta. O modelado 3D aínda o teño pendiente. Tamén paso algunhas noites fotografíando concertos, e menos do que me gustaría con rapaces nos campamentos. Ah, si, e botei máis dun ano pra conseguir un diagnóstico neurodiverxente. Por eso de que a disfunción executiva domiñaba a miña vida, e tal.

Aquí haberá un pouco de todo ou moito de nada (si, xa, son un cliché). Espero que che guste o que teño pra ti.