Nanéboa

metade-de-ano

Metade de ano

24 Jun 25

A verdade, non sei en que momento chegamos ata aquí. Dende que Nilo morreu teño a disfunción executiva en modo savage, e a miña consciencia sobre o paso do tempo está totalmente esnaquizada no longo prazo.

Pasaron varias cousas importantes: tres meses ca avoa bastante do revés, en abril unha analítica na que aparecía o meu debut como diabética e o venres pasado dixéronme que tiña dous aliens no fígado. Pode que a diabetes non sexa tal e, despois de que me quiten as dúas neoplasias, o meu metabolismo volva a procesar os hidrato de carbono como debe e non como lle peta. O meu ordenador principal estivo morto case tres meses.

Entre medias, moito traballo que fai que queira pasar o meu escaso tempo libre como ameba. Tamén teño un encargo pendente de enviar dende fai tres meses, pero non me da a vida porque os laborables non coinciden cos meus días libres.

Hai días que non sei como me sinto. Ó ter que deixar "a droga" (o metilfenidato), a enerxía mental que podo adicar á consciencia vital é mínima. Só quero durmir, e paréceme un milagre non estar deprimida xa. Incluso considero todo un logro poder volver a ler ou desfrutar dunha peli sen ter ruido mental. Non estou ben, pero polo menos sei que estou. Tamén quería facer un resumo dos filmes, series e libros que desfrutei, pero a miña memoria está rota sen a libretiña na que o apunto (e que non teño aquí comigo). Maybe faga unha actualización despois do campa que teño o mes que ven.

Eso si, por fin cheguei ó acto 3 do Baldur's Gate. Astarion, lof tú 💙